HELENISMOS

Son moitos os termos que o galego ten tomado do grego. Son os chamados helenismos. Entraron na nosa lingua en todas as épocas dende os tempos nos que os propios colonos gregos se asentaron en España e deron nome a diversos accidentes xeográficos (por exemplo, Empurias, forma evolucionada a partir de Ἔμπόριον), até os tecnicismos creados nos nosos días sobre termos gregos (por ejemplo, teléfono, compuesto formado sobre o adverbio τῆλε e o substantivo φωνή).
A entrada de termos gregos ten afectado a múltiples áreas do léxico galego. Vexamos algúns do campo da mediciña: estómago (στόμαχος), catarro (κατάρρος), cirurxía (χειρουργíα), gangrena (γάγγραινα), agonía (ἀγωνία), arteria (ἀρτηρία), flema (φλέγμα).

Sobre a raíz γραφ- formáronse numerosos termos: grafía, epigrafía, autógrafo, biografía, ágrafo, polígrafo.

1.       Confirma a orixe grega das seguintes palabras e explica o seu significado:
                DERIVADO              ORIXE                      SIGNIFICADO

camaleón
χαμαιλέων
χαμαί: en terra    λέων: león

anatomía
ἀνά, τομή

lepra        
λέπρα

pulpo
πολύς, πούς

dragón
δράκων

parálise  
παρά, λύσις

cefalópodo
κεφαλή, πούς

hidropesía 
ὕδωρ, ὤψ

dieta    
δίαιτα

díptero
δι -, πτερόν

quiróptero
χεῖρ, πτερόν


ἱπποπόταμος


παχύδερμος


ῥινοκέρως


δελφίς


ἀμφίβιος


σκόρπιος

Comentarios