IFIXENIA EN ÁULIDE

Guía didáctica
1.      Ártemis
·         Filla de Zeus e Leto; irmá de Apolo.
·      Deusa dos bosques e da naturaleza salvaxe onde caza, acompañada do seu séquito de ninfas e da dúa xauría de cans.
·      Leto, ante a burla de Níobe por ter só dous fillos mentres que ela tivera doce, foi terriblemente cruel e vingativa ordenando a Apolo e a Ártemis que mataran aos seus fillos.
·        Acteón contemplouna espida por casualidade mentres se bañaba; converteuno en cervo e os seus cans devorárono.
·         Orión: perseguiu á deusa e esta envioulle un terrible escorpión para que lle picara.
·     Agamenón ferira unha cerva da deusa durante unha cacería de modo que as tropas gregas quedaron retidas en Áulide.
·    O rei de Calidón, Eneo, foi castigado pola deusa por non realizar sacrificios na súa honra; enviou un xabarín que devastaba a súa rexión. 

2.      Construción ciclópea; grandes muros sen argamasa. O Tesouro de Atreo.

3.      Ironía tráxica; reacción inadecuada dun personaxe, debida á súa interpretación errónea. Pax: 48 a 51.
·   Clitemnestra._ “Consideramos favorable este augurio, tu acogida y tus buenos deseos. Tengo buena  
   esperanza de que vengo como madrina de buena boda.”
·    Ifixenia._”Hiciste bien trayéndome”.

4.      Saga heroica e literaria:
·       Obras:Orestíada de Esquilo (Agamenón, Coéforas e Euménides), Electra de Sófocles, Electra de Eurípides.
·        Agamenón volta de Troia e Clitemnestra e o seu amante Existo levan a cabo a súa vinganza asasinándoos.
·        Alusións de Clitemnestra á súa vinganza; pax: 73. “¿que ánimo crees que tendré recluida en casa, cuando vea vacíos todos los asientos de ésta, vacíos los aposentos, y me recueste sola deshecha en lágrimas, entonando un eterno lamento por ella?.....”, “te diéramos el recibimiento que te mereces. ¡No, por los dioses,  no me obligues a volverme mala para contigo, no lo seas tú!”.

5.      Prólogo: monólogo insertado dentro do diálogo entre o ancián e o rei.
     Áulide: está en Beocia, a súa cidade máis importante é Tebas.
     Beocia está frente á illa de Eubea, cuxa capital é Calcis.
     Coro: Personaxe pasivo, desligado da acción. A perda de importancia do coro é unha característica da 
     evolución da traxedia, culmina o proceso iniciado por Esquilo coa creación do segundo actor.

6.  Aquiles: contrasta o carácter reflexivo e prudente de Aquiles na obra de Eurípides co espíritu colérico e vingativo que o caracteriza na Ilíada.

7.       A.      As palabras de Menelao serven para criticar o cambio de actitude dos políticos unha vez que logran o poder e as súas ambicións e ansias de mando; pax. 38non debe un home bo cambiar de hábitos  ao lograr o éxito, senón precisamente entón ser o máis firme para os seus amigos...”
B.      Persia ansiaba dominar os territorios gregos e a sublevación de Mileto en Asia Menor, apoiada por Atenas, suporá o inicio das Guerras Médicas.
Manifestacións a favor dos dereitos humanos nos anos 60 nos Estados Unidos.
Manifestacións estudiantís nos anos 60 en contra da ditadura española.

8.  Pax. 76. ...”Grecia está por encima de nosotros”... Agamenón explica nas súas afirmacións patrióticas que a liberdade de Grecia é a verdadeira razón do sacrificio da súa filla. As palabras de Agamenón indican que os gregos considéranse unha raza superior e que deben someter aos pobos bárbaros, unha raza de escravos.
Os maiores inimigos dos gregos durante a época clásica seguen sendo os persas; no momento histórico no que se realiza a obra, Esparta e os seus aliados alíanse co odiado e antigo inimigo de Grecia.
Durante a Guerra do Peloponeso, Esparta e os seus aliados únense aos persas coa intención de vencer definitivamente a Atenas; as afirmacións patrióticas de Agamenón mostran a crítica do autor a esta actuación reprobable  e antipatriótica de Esparta, que a causa das súas ansias imperialistas prefire aliarse co maior inimigo dos gregos.

9.   Menelao esixe o sacrificio ata que a chegada da vítima provoca a súa compasión. Agamenón consinte, logo arrepíntese… Cambio na propia Ifixenia: de implorar pola súa propia vida pasa a ofrecerse inesperadamente como vítima propiciatoria dunha empresa gloriosa.
Unha característica do teatro de Eurípides é a humanización da traxedia; os seus personaxes móstranse inseguros e variables segundo as circunstancias, non son personaxes esquemáticos que reproducen un comportamento invariable. Son personaxes de maior riqueza psicolóxica e máis actuais. Non hai unha lei divina á que obedecer inexorablemente; non hai talla heroica nos personaxes, cambian de opinión segundo o seu estado de ánimo.

10.  No pasaxe I 94 y ss. do poema De rerum natura de Lucrecio, o autor romano descirbe o sacrificio de Ifixenia para reflexionar sobre os crimes aos que induce a relixión.

Comentarios