PALABRAS VIVAS

Álbum: esta palabra significa “libro en blanco cuxas follas conteñen fotos, autógrafos, selos…”. Procede do adxectivo latino “albus” = blanco. No mundo romano fai referencia un encerado blanco no que se expoñían os edictos do pobo.


Anfitrión: na lingua corrente designa á persoa que recibe invitados á mesa ou na súa casa. Anfitrión era o nome do esposo de Alcmena, fermosa muller da que se namorou Zeus. O deus tomou a figura do seu esposo e pasou toda a noita con ela. Desta relación naceu Hércules. Este feito enorgulleceu a Anfitrión, a quen se representa dando banquetes opíparos.

Cálculo: en latín “calculus” significa “piedrecita”, en especial a usada para ensinar a contar aos nenos. De aí que a palabra cálculo faga referencia á operación matemática de contar. A palabra cálculo tamén se emprega para designar esas pedriñas que se forman no ril e que non resultan precisamente agradables.

Campana: este vocablo ten a súa orixe no material usado para súa construción, o “aes campanum” ou “bronce campano”, que se atopaba na rexión italiana de Campania.

Candidato: en ocasións a orixe dunha palabra parece a negación do que significa na actualidade. De feito nada máis lonxe da candidez que a figura de calquera “candidato” a un cargo público.
Curiosamente, este termo procede do adxectivo latino “candidus” = “blanco”, color da toga coa que vestía  durante a campaña electoral o que se presentaba ás eleccións na antiga Roma.

Compañeiro: do latín vulgar “compania”, derivado de “panis” e o seu sentido era o de “acción de comer do mesmo pan”. A  palabra compañeiro significa literalmente “aquel que comparte o pan con outro”.

Estentóreo: adxectivo aplicado á voz ou ó acento e que significa “moi forte, ruidoso ou retumbante”. Procede do nome propio de Esténtor, heroe da Ilíada do que se dicía que tiña a unha voz tan forte como a de cincuenta homes.

Faro: Ptolomeo, xeneral de Alexandre Magno, mandou construír na illa de Faros, frente a Alexandría,  unha alta torre que contaba na súa cima cunha fogueira para que iluminar aos  barcos. A partir desta construción aplícase a palabra “faro” a toda torre que teña como finalidade axudar aos barcos.

Galgo: esta palabra procede de “gallicus”, porque estos cans delgados e rápidos abundaban sobre todo na Galia en tempos dos romanos.

Grifo: aves fabulosas cuxas figuras se colocaban nas bocas de auga das fontes, pasándo a aplicarse a todo tipo de chaves de cañería.

Hígado: palabra procedente de “ficus”=“figo”. Os romanos consideraban que os figos facían exquisito o fígado dos gansos e chamáronlle ao seu fígado “iecur ficatum”. Perdeuse “iecur” e quedou “ficatum” dando lugar en galego a fígado.

Mentecato: de “mens, mentis”=”mente” e “captus”=”collido”, de “mente captus” =” collido da mente”. Para nós ten o significado de “falto de entendemento”.

Mecenas: “protector das artes”. Mecenas foi un acaudalado nobre romano, amigo de Augusto, que sentía auténtica veneración polos artistas, chegando a dispensar axuda económica aos que non contaban con medios para realizar a súa obra.

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARACTERÍSTICAS DEL TEATRO DE ESQUILO

TEXTOS HELÉNICAS, LIBRO II, Jenofonte