TOPÓNIMOS 2ª AVALIACIÓN


  1. Fontefría: Hidrotopónimo composto de FONTEM FRIGIDAM "fonte de auga fría".
  2. Fontoira: de “FONTEM AUREAM”, fonte de ouro, seguramente pola calidade da súa auga. Hidrotopónimo.
  3. Foz: do latín vulgar “FOCEM”, que en latín literario era “FAUCEM”, gorxa, paso estreito, fauces. Lugar por onde un río desemboca no mar, tamén é un paso estreito entre montañas.
  4. Frades: de “FRATRES”, irmáns, seguramente monxes, frades duna congregación relixiosa.
  5. Lavacolla: LAVA-COLEA: (lava os testículos), nese pobo había un río onde os peregrinos se purificaban antes de entra en Compostela. É un imperativo e un Ac. Pl.
  6. León: LEGIONEM, lexión, esta cidade ten como orixe un campamento militar onde había unha lexión.
  7. Louredo: LAURETUM: lugar onde hai onde hai loureiro. (LAURUS: loureiro, árbore). Fitotopónimo.
  8. Lugo: LUCUS AUGUSTI: o bosque sagrado de Augusto (fundador en xenit.)
  9. Maceda: de MATTIANETA (lat.vul. MATTIANA: maceira) lugar onde abundan as maceiras , (cfr. español Manzaneda). Fitotopónimo.
  10. Mérida: EMERITA (AUGUSTA), cidade fundada para soldados licenciados tras as campañas hispana; recibían o título de EMERITI (licenciados).
  11. Milladoiro: HUMILIATORIUM: lugar onde os peregrinos ó ver Compostela axeonllábanse para dar gracias a deus; ou de AD-MILIATORIUM: lugar onde os peregrinos botaban unha pedra que traían consigo, formando unha morea de pedras (ou milladoiro).
  12. Mondoñedo: de latín medieval MINDUNIETUM (o topónimo actual procede de San Martín de Mondoñedo, onde tiñan a sede os bispos mindunienses ou dumienses, que eran unha especie de extensión dos de Dumio, preto de Braga).
  13. Monforte: topónimo composto de MONTEM FORTEM ‘monte fortificado’. Un simple encontrámolo no Forte, O Forte Novo e O Forte Vello. Hai, así mesmo, A Fortaleza. Monforte de Lemos dálle nome a un lugar, a unha parroquia e a un concello da provincia de Lugo.
  14. Oleiros: de AULULAM: ola, lugar onde hai fabricantes de olas de barro, oleiros.
  15. Ortigueira: URTICARIAM: lugar onde hai ortigas. Fitotopónimo con sentido abundancial.
  16. Orxal: tamén Orxais de hordeum “cebada, orxo”; en castelán en Castro Urdiales ou mesmo Ordial. O hordeum spontaneum está documentado en Tácito na súa obra Germania, 23,1 onde nos di ademais que con el os xermanos facían cervexa: potui umor ex hordeo “para beber, un líquido feito de orxo”.
  17. Oseira: URSUS: oso, lat. vulg.: ossum: lugar onde hai osos. Zootopónimo con sentido abundancial.
  18. Ourantes: posiblemente dunha base antroponímica AUR- + sufixo –ANTES. Na toponimia Our- aparece en Our-ille, Our-ís, Vil-ourís. Tamén pode proceder dun hidrónimo de orixe prerromano , da raíz *awer- co significado de "mollar, humedecer, fluír"  ou da raíz preindoeuropea *or-r/*ur-r co significado de "outeiro, altura, monte, valle".
Un sufixo –ANTES semella estar presente en Serantes, Barbantes, Barrantes, Corneantes, Curantes, Laiantes... San Xoán de Ourantes está en Punxín (Our).
  1. Ourense: AURIENSE: topónimo que fai relación a unha explotación de ouro. (AURUM)
  2. Outeiro: ALTARIUM, parte alta do terreo, elevación do terreo.
  3. Padrón: de PETRA, (deriva de PETRONEM) a pedra onde se amarrou a barco do apóstolo Santiago.
  4. Pedrafita: PETRA + FICTA: (pedra cravada) miliario ou monumento megalitico, consistente nunha gran pedra colocada verticalmente. Utilizouse como divisoria de concellos.
  5. Peñalba: orotopónimo. Composto de PINNA (cumio) + ALBA:  cumio ou rocha que sobresae e o segundo elemento parece estar relacionado coa raíz preindoeuropea *alp-/*alb- “monte, altura”, máis que co adxectivo albam “blanca”
  6. Pereira: pero tamén Pereiro de pirum “pera” máis o sufixo abundancial -aria,-arius,-arias e –arios.  Alude a un lugar onde hai perais. Tamén temos Pereiras (Fonte Pereiras, en Vimianzo) e Pereiros e incluso Pereiró. Son fitotopónimos moi abundantes en toda Galiza.
  7. Poio: PODIUM: altura, montículo, fai referencia a un lugar elevado con boas vistas.

Comentarios