A ILÍADA
A Ilíada consta de vintecatro cantos, ó longo dos cales se nos fala duns días do último ano de guerra.Os dous temas máis importantes son:
A cólera de Aquiles.
O protagonista da obra anóxase con Agamenón porque lle rouba unha escrava, Briseida, que lle correspondera ó heroe como botín de guerra. Aquiles retírase do combate e os gregos comezan a retroceder. Ante a negativa do heroe a volver, Patroclo (grande amigo de Aquiles) pide que lle deixe a súa armadura; así tal vez a súa suposta presenza na contenda aterrorizará ós troianos. Pero cando Héctor descubre o engano, Patroclo morre.
A vinganza de Aquiles.
Ante a dor que lle produce a morte do amigo, Aquiles volve ó combate coa única intención de matar a Héctor. O heroe troiano será derrotado e o seu cadáver será humillado, atado ao carro do vencedor e arrastrado ignominiosamente ante os muros de Ilión. Príamo irá a buscar o cadáver do seu fillo para darlle sepultura. A Ilíada remata co diálogo entre o heroe e o ancián.
Algúns dos momentos máis importantes da ILÍADA podémolos coñecer a través da súa representación en múltiples obras pictóricas:
A disputa entre Aquiles e Agamenón
O guerreiro armado é Agamenón, quen quere, como resarcemento por renunciar a Briseida, á esclava de Aquiles. Minerva, a figura armada de ielmo, escudo e coraza , aferra a Aquiles polos cabelos ordeándolle interromper a pelexa.
(Giambattista Tiepolo, "Minerva impide a Aquiles matar a Agamenón", 1757).
Aquiles tratando de asir la sombra de Patroclo
A sombra que se aparece en sonos á Aquiles é a de Patroclo. Aquiles trata de abrazar ó seu amigo por última vez, pero a sombra disólvese como o fume.
Encuentro de Aquiles y Héctor
(Jacobo Amigoni, "Combate entre Héctor e Aquiles", 1724-1726).
La muerte de Héctor
(Jacques-Louis David, "A dor de Andrómaca", 1783).
(Johann Heinrich Füssli, "Aquiles intenta agarrar a sombra de Patroclo" 1805).
Encuentro de Aquiles y Héctor
Minerva observa o combete dende o ceo. Héctor, en terra, intenta defenderse da cólera de Aquiles.
(Jacobo Amigoni, "Combate entre Héctor e Aquiles", 1724-1726).
La muerte de Héctor
A cabeza do heroe está cinguida por unha coroa de laurel, símbolo de gloria. Representa a despedida de Héctor do seu fillo e a súa esposa, Andrómaca.
(Jacques-Louis David, "A dor de Andrómaca", 1783).
Comentarios